Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de análise textual ou de revisión/corrección de traducións. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través de TIC.
Prácticas en aulas de informática Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC.
Prácticas autónomas a través de TIC Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse de maneira autónoma a través das TIC. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise e resolución de dúbidas. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do inglés ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar a bibliografía dada.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000