Estudo de casos/análises de situacións |
Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
A través da plataforma TEMA e doutras TIC da web 2.0 o alumnado deberá desenvolver e entregar traballos, responder a encargas, participar en debates, realizar cuestionarios de autoavaliación, participar no traballo en grupos, etc. |
Sesión maxistral |
Nestas sesións o profesor presentará:
a) os temas introdutorios que servirán de marco de traballo para o resto do cuadrimestre,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encarga de tradución |