Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte da docente dos contidos da materia obxecto de estudo. Dada a natureza esencialmente práctica da materia este tipo de clases será moi reducido e utilizaranse para:
a) introducir as diferentes unidades
b) sistematizar aspectos abordados, problemas e estratexias tradutoras.
c) establecer as directrices de encargos/proxectos, e exercicios ou actividades a desenvolver polo/ a estudante.

Traballos de aula Realización de diversas actividades (exercicios prácticos, revisión e preparación de encargos ou proxectos de tradución, etc.) deseñadas para o desenvolvemento dos obxectivos do programa. Realízanse na aula, coa supervisión dos docentes.
Traballarase combinando o traballo individual co traballo en grupo. Concíbense como talleres cuxa finalidade é realizar unha simulación selectiva das condicións de traballo propias da práctica profesional, aínda que tendo en conta que estamos nunha fase de aprendizaxe. Poden estar vinculados ao desenvolvo actividades autónomas do estudante

Presentacións/exposicións Exposición por parte dos/as estudantes na aula dos textos de lectura obrigatoria (nas clases presenciais entregarase a relación) e/ou outras posibles actividades que se poidan propor.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Actividades introdutorias Sesión presencial inicial na que:
1) preséntanse os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos (contextualizados no módulo e no grao), planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;
2) resólvense posibles dúbidas en relación con estas cuestións;
3) realízase unha avaliación diagnóstica (con fins informativos, sen repercusión na avaliación final).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000