Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo/prácticas de campo Serán valorados os textos (informes, redaccións, traducións, resumos etc.) xerados polo alumnado como resultado da súa experiencia na saída de estudos. 20 A4
A5
C17
C24
C27
D4
D7
D9
D15
D18
D22
D23
Resolución de problemas Realizaranse e entregaranse 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. Elaborarase unha nota media a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. 80 A1
A2
A3
C2
C4
C8
C17
C18
C22
C33
D2
D4
D7
D9
D18
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DA
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de
avaliación única deberá realizar un exame final e único fixado na data que
sinale o calendario de exames da FFT. Este exame consistirá nunha tradución
fr>gl con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota.
A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha
ferramenta electrónica para a realización da proba.

O alumnado de
avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será
cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns
xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día
do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese
caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para
que se poida presentar con normalidade.

 

Avaliación
continua

Os resultados da
avaliación obtéñense da se seguinte maneira:

a) Mediante a
resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de encomendas (80% da nota
final). A nota media dese bloque metodolóxico calcularase a partir das 3
mellores notas das 5 encomendas. A primeira encomenda deberá entregarse na
semana do 25 ó 29 de setembro, a segunda encomenda na semana do 16 ó 20 de
outubro, a terceira na semana do 30 de outubro ó 3 de novembro, a cuarta na
semana do 20 ó 24 de novembro e a quinta na semana do 4 ó 8 de decembro.

b) Mediante o
resultado das respostas achegadas durante a fase de traballo de campo na saída
de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias impedisen o
desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final correspondente
a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o bloque de tradución
de encomendas. Estas pasarían logo a representar o 100% da nota final.

 

CONVOCATORIA DA
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de
avaliación única deberá realizar un exame final e único fixado na data que
sinale o calendario de exames da FFT. Este exame consistirá nunha tradución
fr>gl con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota.
A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha
ferramenta electrónica para a realización da proba.

O alumnado de
avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será
cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns
xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día
do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese
caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para
que se poida presentar con normalidade.

 

Avaliación
continua

O alumnado de
avaliación continua que non aprobase na convocatoria da primeira edición de
actas deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo
Vicedecanato de Organización Académica. Este exame consistirá nunha tradución
fr>gl con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota.
A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha
ferramenta electrónica para a realización da proba. O alumnado que por razóns
xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día
do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese
caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para
que se poida presentar con normalidade.

 

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado
que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases
de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua
aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no
cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a
avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe
cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razón xustificadas
ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais
deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros
sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con
prazos en faitic.

Plaxio

A copia ou plaxio
total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa
proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da
súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección
lingüística

A avaliación terá en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do
alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e
de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000