Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo/prácticas de campo Serán valorados os textos (informes, redaccións, traducións, resumos etc.) xerados polo alumnado como resultado da súa experiencia na saída de estudos. 20 A4
A5
C17
C24
C27
D4
D7
D9
D15
D18
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse e entregaranse ata 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. Elaborarase unha nota media a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. 60 A1
A2
A3
C2
C4
C8
C17
C18
C22
C33
D2
D4
D7
D9
D18
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase na aula unha proba manuscrita de tradución con tempo limitado (2 horas). A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. 20 A2
C4
C8
C17
C18
C22
C27
C33
D2
D4
D7
D9
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Nas dúas primeiras semanas de clase o alumnado deberá comunicarlle ó docente
a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para poder manterse
dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir polo menos ó 80%
das horas presenciais.

As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías diferentes:

a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de
encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na última semana de setembro de 2015. A
segunda encomenda de tradución deberá entregarse na segunda semana de outubro
de 2015. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana
de novembro de 2015. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na terceira
semana de novembro de 2015. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na
segunda semana de decembro de 2015.

b) Mediante o resultado das respostas achegadas durante a fase de traballo de
campo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias
impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final
correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o
bloque de tradución de encomendas. Estas pasarían logo a representar o 80% da nota
final.

c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). A
proba práctica en aula terá lugar na segunda semana do mes de decembro de 2015.

 

Convocatoria da primeira edición de
actas (decembro de 2015)

O alumnado que non se acolla á
avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para a derradeira sesión de clase presencial da materia, no mes de decembro de 2015. Este exame consistirá nunha tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta
electrónica para a realización da proba.

Convocatoria da segunda edición de
actas (xullo de 2016)

O alumnado que obtivese unha cualificación
de suspenso nas probas da avaliación continua ou na convocatoria da primeira
edición de actas (decembro de 2015) deberá presentarse á convocatoria da
segunda edición de actas (xullo de 2016) que fixe o calendario oficial da Facultade.

Este exame consistirá nunha tradución fr>gl con tempo limitado
(2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha
ferramenta
electrónica para a realización da proba.

O plaxio ou copia cualificarase
cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa
obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.

Os erros de lingua que
sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso
provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000