Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo Serán valorados os textos (informes, redaccións, traducións, resumos, etc.) xerados polo alumnado como resultado da súa experiencia na saída de estudos. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse e entregaranse 2 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula 2 probas manuscritas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar a profesorado nas dúas primeiras
semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non.
En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ó
80% das horas presenciais.

A primeira encomenda de tradución repartirase o martes 8 de outubro e deberá ser entregada o martes 29 de outubro de 2013.

A segunda encomenda de tradución repartirase o martes 12 de novembro de 2013 e deberá ser entregada o martes 19 de novembro de 2013.

A primeira proba en aula realizarase o martes 29 de outubro de 2013.

A segunda proba en aula realizarase o martes 3 de decembro de 2013.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo.

O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para o martes 3 de decembro de 2013. Este exame consistirá en:

1. Tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

2.

Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota.

É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima de 4 sobre 10.

Non se conserva ningún aprobado parcial para a convocatoria extraordinaria de xullo.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO

O alumnado que non aprobase a materia dentro da primeira convocatoria presentarase nas datas oficiais establecidas pola facultade a unha proba que
consistirá en:

1. Tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A
non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar
ningunha ferramenta electrónica.

2.

Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota.

É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima de 4 sobre 10.

O plaxio ou copia calificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir.

Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente no inicio do curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000