O alumnado deberá informar a profesorado nas dúas primeiras
semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non.
En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao
80% das horas presenciais. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo. Oalumnado que non se acolla á avaliación continua, poderá realizar un exame final e único na última semana do curso. Este exame consistirá en: 1. Tradución directa con tempo limitado (2 horas): 60% da nota.
Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o
alumnado e non se poderá empregar o ordenador. Permitirase unicamente o
uso de libros e dicionarios, pero non de apuntes propios ou similares. 2.
Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. 3. Cuestionario relativo ás lecturas (10%). A nota mínima para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase nas datas oficiais establecidas pola facultade a unha proba que
consistirá en: 1. Tradución directa con tempo limitado (2 horas):
60% da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe
levar o alumnado e non se poderá empregar ordenador. Permitirase
unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntes propios ou
similares. 2. Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o
día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións
especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. 3. Cuestionario relativo ás lecturas (10%). A nota mínima para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. O plaxio ou copia calificarase cun 0, que computará para nota
final. O exercicio ou trabajo que sexa obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir. Tres faltas de ortografía en calquera traballo ou exame realizado suporá unha calificación de suspenso nese traballo ou exame |