Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios A atención personalizada realízase na rede e no despacho do docente (no horario de titorías ou noutro momento mediante cita previa), e en certas ocasións a pé de aula, ó remate das sesións. O principal obxectivo da atención personalizada é o de aclarar cuestións relativas ás encargas e ós contidos teóricos, a explicar as causas das dificultades atopadas e suxerir accións individualizadas de mellora. Serve ademais para explicar criterios de calificación, notas, avaliación continua e final, para orientar sobre o funcionamento do curso, os dereitos e deberes do alumnado no contexto da materia, para organizar o traballo e as actividades fóra da aula (saída de campo). Este seguimento permite detectar eventuais disfuncións nos obxectivos ou na comunicación antes de que se convertan en atrancos para a docencia e a aprendizaxe. As titorías xerais do profesor serven para convocar ou recibir os estudantes que precisen nalgún momento do curso algunha atención concreta. Na aula, priviléxiase o ritmo de traballo fronte ó volume textual, de maneira a non interferir co tempo que o estudantado debe dedicarlle ás demais materias. Ademais esta metodoloxía permítelle ó docente avaliar o proceso dende dentro. Así, unha vez lanzada a encarga, o docente trata de intervir como un membro máis dun grupo de tradución, orientando as estratexias, suxerindo boas prácticas, favorecendo e avaliando a súa capacidade para tomar decisións adecuadas, e evitando condicionar a resposta dos estudantes. Con este método preténdese evitar que o estudantado traballe unicamente para acadar un resultado previsto polo profesor, facendo pola contra que se responsabilice do texto traducido que produza.
Obradoiros A atención personalizada realízase na rede e no despacho do docente (no horario de titorías ou noutro momento mediante cita previa), e en certas ocasións a pé de aula, ó remate das sesións. O principal obxectivo da atención personalizada é o de aclarar cuestións relativas ás encargas e ós contidos teóricos, a explicar as causas das dificultades atopadas e suxerir accións individualizadas de mellora. Serve ademais para explicar criterios de calificación, notas, avaliación continua e final, para orientar sobre o funcionamento do curso, os dereitos e deberes do alumnado no contexto da materia, para organizar o traballo e as actividades fóra da aula (saída de campo). Este seguimento permite detectar eventuais disfuncións nos obxectivos ou na comunicación antes de que se convertan en atrancos para a docencia e a aprendizaxe. As titorías xerais do profesor serven para convocar ou recibir os estudantes que precisen nalgún momento do curso algunha atención concreta. Na aula, priviléxiase o ritmo de traballo fronte ó volume textual, de maneira a non interferir co tempo que o estudantado debe dedicarlle ás demais materias. Ademais esta metodoloxía permítelle ó docente avaliar o proceso dende dentro. Así, unha vez lanzada a encarga, o docente trata de intervir como un membro máis dun grupo de tradución, orientando as estratexias, suxerindo boas prácticas, favorecendo e avaliando a súa capacidade para tomar decisións adecuadas, e evitando condicionar a resposta dos estudantes. Con este método preténdese evitar que o estudantado traballe unicamente para acadar un resultado previsto polo profesor, facendo pola contra que se responsabilice do texto traducido que produza.
Saídas de estudo/prácticas de campo A atención personalizada realízase na rede e no despacho do docente (no horario de titorías ou noutro momento mediante cita previa), e en certas ocasións a pé de aula, ó remate das sesións. O principal obxectivo da atención personalizada é o de aclarar cuestións relativas ás encargas e ós contidos teóricos, a explicar as causas das dificultades atopadas e suxerir accións individualizadas de mellora. Serve ademais para explicar criterios de calificación, notas, avaliación continua e final, para orientar sobre o funcionamento do curso, os dereitos e deberes do alumnado no contexto da materia, para organizar o traballo e as actividades fóra da aula (saída de campo). Este seguimento permite detectar eventuais disfuncións nos obxectivos ou na comunicación antes de que se convertan en atrancos para a docencia e a aprendizaxe. As titorías xerais do profesor serven para convocar ou recibir os estudantes que precisen nalgún momento do curso algunha atención concreta. Na aula, priviléxiase o ritmo de traballo fronte ó volume textual, de maneira a non interferir co tempo que o estudantado debe dedicarlle ás demais materias. Ademais esta metodoloxía permítelle ó docente avaliar o proceso dende dentro. Así, unha vez lanzada a encarga, o docente trata de intervir como un membro máis dun grupo de tradución, orientando as estratexias, suxerindo boas prácticas, favorecendo e avaliando a súa capacidade para tomar decisións adecuadas, e evitando condicionar a resposta dos estudantes. Con este método preténdese evitar que o estudantado traballe unicamente para acadar un resultado previsto polo profesor, facendo pola contra que se responsabilice do texto traducido que produza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000