Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades para tomar contacto co alumnado e para presentar a materia en relación ós obxectivos, contidos, actividades que se levarán a cabo e a avaliación.
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o alumnado.
Obradoiros Os obradoiros son a principal ferramenta diagnóstica. Neles proporanse traducións dirixidas, co fin de tentar a competencia tradutora do alumnado. Ó mesmo tempo, as traducións dirixidas permitirán familiarizarse co método de traballo e de avaliación do profesor.
Saídas de estudo/prácticas de campo O grupo de estudantes, orientado polo docente, percorrerá lugares ou instalacións e/ou visitará exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia. O obxectivo da saída de estudo é de identificar e analizar produtos ou prácticas reais de tradución en medio urbano, público ou privado (dependendo da autorización correspondente). Para a saída contarase cos medios económicos e co apoio loxístico que facilitará a Universidade de Vigo.
A presencialidade (4 horas) corresponde a 2 sesións de dúas horas que non se impartirán na aula, e equivalentes a media xornada. Nesta ocasión, a docencia trasladarase fóra do campus, ó lugar da saída de estudo. De non ser posible organizar a saída por dificultades de organización co espazo receptor, as horas correspondentes destinaranse a obradoiros, e as actividades que neles se fagan contarán para a nota do curso, na porcentaxe prevista.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan situacións e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000