Esta materia pretende desenvolver e afianzar unha competencia tradutora entre o francés e o galego que permita unha posterior profundización en diferentes ámbitos de especialidade. Esta meta conseguirase mediante obxectivos metodolóxicos e profesionais para ofrecer ferramentas, estratexias e solucións ás circunstancias xerais da actividade tradutora do francés ó galego.