Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución, de modo autónomo e/ou grupal, de varios encargos e/ou traballos que estarán distribuídos ao longo do período de docencia. Cada un deses encargos e/ou traballos recibirá unha cualificación que corresponderá a unha parte porcentual dunha nota global que se obterá realizando a media aritmética das cualificacións parciais.
100 C2
C3
C4
C8
C9
C17
C22
C27
D4
D7
D12
D14
D15
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode cursarse, na primeira convocatoria anual, en réxime de avaliación continua (en que se avaliará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocatoria de xullo só é posible o réxime de avaliación única (exame oficial).

Na primeira convocatoria anual enténdese que a/o estudante opta polo réxime de avaliación continua cando realiza algunha das actividades da avaliación continua. Para superar a avaliación continua, a/o estudante deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das cualificacións nos encargos e/ou traballos (ningunha das cualificacións parciais poderá en principio ser inferior a 4 sobre 10). As/os estudantes que non superen a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocatoria de xullo.

O exame oficial da disciplina (convocatorias de decembro [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (100%) consistente nunha ou dúas traducións sobre temas tratados na clase.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste respecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000