Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A asistencia e participación activa en clase medirase polo labor realizado nos traballos de aula. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios A asistencia e participación activa en clase medirase polo traballo realizado nas actividades de resolución de problemas e/ou exercicios 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1) Teoría na que se examinará o alumno, tanto dos contidos explicados nas clases maxistrais coma dos contidos das lecturas obrigatorias e
2) práctica, que consistirá na tradución dun texto con axuda de dicionarios en formato papel.
A data consensuarase co alumnado
30
Traballos e proxectos Realizaranse dúas entregas, que supoñerán un 60% da avaliación (30% cada unja).
As datas de entrega fixaranse en clase, atendendo ao calendario e tendo en conta os períodos de traballo autónomo e unha distribución racional da carga de traballo.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, presentarase ao exame de final de cuadrimestre e/ou xullo que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia, a data acordarase co alumnado e publicarase con tempo suficiente na plataforma de docencia Faitic.

Aos que sigan o sistema de avaliación continua gardaránselle para a convocatoria de xullo as partes superadas. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo.

CONVOCATORIA DE XULLO

Exame final na data establecida polo centro que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000