Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución entre lingua A1 e lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da teoría e contextualización. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Poderá ser unha proba de resposta media ou longa. 20 C21
C22
C27
C28
Actividades introdutorias Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da introdución. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios.
20 C33
D1
D7
Prácticas de laboratorio 1 proba individualizada presencial de tradución castelán-galego. 30 C3
C4
C5
C8
C9
C10
C17
C18
Resolución de problemas e/ou exercicios 1 proba individualizada presencial de revisión e corrección con marcas sobre papel. 30 D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación continua e única presenciais

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua ou avaliación única (no caso da única, cómpre que indique (mediante envío de correo electrónico a lilianavalado@uvigo.gal) que se acolle a esa modalidade, antes do 29 de setembro de 2023).

 1 Avaliación continua: para o alumnado que realice as probas examinatorias de máis abaixo, así como que entregue as actividades solicitadas ao longo do curso.

As actividades obxecto de entrega e avaliación serán: 

A primeira proba presencial (40%) contará cunha parte teórica
(leccións maxistrais, contextualización, actividades introdutorias, teoría, procesos, ética...); a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi. 

A segunda (30%) consistirá na realización presencial dunha tradución (600 palabaras máximo).

A terceira proba será revisión e corrección individuais dunha tradución: 30%. A realización é presencial; a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi 

No caso da avaliación continua, a asistencia non é obrigatoria, pero a docente poderá establecer outros sistemas de control da participación do estudantado (traballos de curso in situ...) que favorecerán a cualificación final.

En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas.

2 Avaliación única:

Existen dúas convocatorias: en xaneiro (na data oficial de exame para a primeira edición de actas fixada pola FFT) e en xuño-xullo (igualmente na data oficial para a segunda edición de actas). As probas consisten en:

 — Proba teórica (40%): conformada a partir dos contidos de "[lectura obrigatoria]" que aparecen en Moovi (e dispoñibles na biblioteca). A extensión será acorde co tempo de exame.
Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será
unha proba de tipo resposta media ou longa. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso de
resposta incorrecta.

— Proba práctica 1 (30%):
traducións con dicionario (castelán-galego) de textos
tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Moovi). A extensión será
acorde co tempo de exame.

— Proba práctica
2 (30%): revisión e corrección (con marcas sobre papel) individuais dunha tradución de textos tematicamente vinculados aos
empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Moovi). A extensión será
acorde co tempo de exame. 

En ningún caso,
as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de
aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas.

Ao ser única, non se gardan as partes aprobadas dunha convocatoria de actas para a otra.

Importante: para adherirse á avaliación única, o estudantado deberá enviar un correo electrónico á docente antes de 29 de setembro de 2023.

c) Baremo e outros comentarios











O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.


Os erros ortograficogramaticais así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasentido (CS): -1,00

Sentido diferente (DS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50

Erro de léxico (S): -0,50

Erro de ortografía (O): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. 

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000