Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución entre lingua A1 e lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da teoría e contextualización. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Poderá ser unha proba de resposta longa ou tipo test, previa indicación da profesora ao longo do curso. 20 C21
C22
C27
C28
Actividades introdutorias Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da introdución. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios.
10 C33
D1
D7
Debate Revisión e corrección na aula das traducións encomendadas mediante a participación fundamentada do alumnado. 10 D8
D22
Prácticas de laboratorio Unha proba de tradución castelán-galego e/ou galego-castelán, individualizada. Proba con dicionario. As características aparecen indicadas no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria". 30 C3
C4
C5
C8
C9
C10
C17
C18
Probas de tipo test Actividades (resumos de lecturas ou vídeos) de entrega sobre contidos impartidos durante o curso. Probas individualizadas, con entrega a través de Faitic. 10 D15
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tradución castelán-galego e galego-castelán, individualizada. Proba con dicionario 20 D12
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación continua e única

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2)

1 Avaliación continua: para o alumnado que realice as 2 probas examinatorias de máis abaixo, así como que entregue as actividades solicitadas ao longo do curso.

As actividades obxecto de entrega e avaliación serán:

-- resumo individual en galego dun dos procesos de tradución que aparecen na bibliografía, que se presentará e describirá durante as sesións (a cualificación será entregado ou non entregado): 15%. A entrega é non presencial a través de Faitic, durante a semana de 10 a 13 de outubro.

-- revisión e corrección xustificadas individuais dunha tradución (a cualificación será numérica): 20%. A entrega é presencial, durante a segunda sesión da semana de 21 a 24 de novembro.   

Así mesmo, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tamén as dúas probas examinatorias que se realizarán ao longo do curso (metade e final de curso). A primeira proba (45%) será durante a segunda sesión da semana de 24 a 27 de outubro e contará cunha parte teórica
(contexto, introdución, teoría, procesos, ética...) e unha proba práctica
(tradución (300 palabras máximo) con dicionario). A segunda (20%) consistirá na realización dunha tradución (600 palabaras máximo) ao final de curso (durante a penúltima sesión de aula).

No caso de suspender unha delas (entrega de actividades ou probas de exame), gardarase a aprobada até o exame oficial de xullo (data oficial).

2 Avaliación única:

Existen dúas convocatorias: en decembro (na data oficial de exame fixada pola FFT) e en xullo (igualmente, na data oficial). As probas consisten en:

 — proba teórica: conformada a partir dos contidos de "[lectura obrigatoria]" así
presentadas na bibliografía (e dispoñibles na biblioteca). A extensión será acorde co tempo de exame.
Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será
unha proba de tipo test. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso de
resposta incorrecta;

— proba práctica 1:
tradución con dicionario (galego-castelán) de textos
tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Faitic). A extensión será
acorde co tempo de exame;

— proba práctica
2: tradución sen dicionario (castelán-galego) de textos tematicamente vinculados aos
empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Faitic). A extensión será
acorde co tempo de exame. 

En ningún caso,
as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de
aprobado/a acadaraa quen supere todas e cada unha delas.

c) Baremo e outros comentarios











O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.


Os erros ortograficogramaticais, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasentido (CS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50

Erro de ortografía (O): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000