Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución entre lingua A1 e lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Sesión maxistral Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da teoría e contextualización. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Poderá ser unha proba de resposta longa ou tipo test, previa indicación da profesora ao longo do curso. 20 CE21
CE22
CE27
CE28
Actividades introdutorias Materia impartida nas sesións plenarias a cargo da docente, é dicir, os apuntamentos tomados polo alumnado e os textos da introdución. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios.
10 CE33
CT1
CT7
Debates Revisión e corrección na aula das traducións encomendadas mediante a participación fundamentada do alumnado. 10 CT8
CT22
Prácticas de laboratorio Unha proba de tradución castelán-galego e/ou galego-castelán, individualizada. Proba con ou sen dicionario, segundo as indicacións facilitadas pola profesora durante as sesións e/ou titorías. As características aparecen indicadas no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria". 30 CE3
CE4
CE5
CE8
CE9
CE10
CE17
CE18
Probas de tipo test Contidos impartidos na introdución, contextualización e teoría durante o curso. Proba individualizada, sen dicionario ou material de consulta. 10 CT15
CT22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tradución castelán-galego e galego-castelán, individualizada. Proba con dicionario 20 CT12
CT15
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2).

1 Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo; este mínimo controlarase mediante as follas de asistencia que se entregarán ao final da sesión. Para poder asinar a folla, cómpre asistir á totalidade da sesión), propoño un sistema de avaliación continua. A participación na aula será anotada pola docente e integrarase porcentualmente (15%) na cualificación da avaliación continua. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tamén as dúas probas examinatorias que se realizarán ao longo do curso (metade e final de curso). A primeira (30%) consistirá na realización dunha tradución á metade de curso (a docente indicará a data e mais as características da tradución durante o transcurso do semestre). Ao final de curso, a segunda proba (55%) contará cunha parte teórica (bloques de contexto, introdución e teoría) e unha nova proba práctica (tradución). No caso de suspender unha delas, gardarase a aprobada até o exame oficial de xullo. Esta última proba estará conformada de: 1 proba teórica + 1 ou 2 probas prácticas (informarase do número (1 ou 2) e do tipo (castelán-galego e/ou galego-castelán) durante as últimas sesións). Trátase de:

— proba teórica: conformada a partir das sesións maxistrais e actividades introdutorias impartidas pola profesora. A extensión será acorde co tempo de exame; 

— proba práctica 1: tradución con/sen dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame;

— proba práctica 2: tradución sen/con dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. A extensión será acorde co tempo de exame.

A proba terá lugar durante a última sesión do curso. A docente irá indicando a aula a medida que se achegue a data.

2 Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións. Existen dúas convocatorias: en decembro (durante a última sesión de aula) e en xullo (data oficial); consiste en:

 — proba teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía. A extensión será acorde co tempo de exame. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será unha proba de tipo test. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso das respostas incorrectas;

— proba práctica 1: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame;

— proba práctica 2: tradución sen dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. As lecturas facilitaranse a medida que avance o curso e estarán a disposición do alumnado no Servizo de reprografía da Facultade, xerarquizados por data de impartición durante as sesións, así como pola etiqueta "lecturas de sesións maxistrais" desta materia. A extensión será acorde co tempo de exame. 

Prevense sesións de revisión de probas. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a acadaraa quen supere todas e cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000