Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución entre lingua A1 e lingua A2
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio A atención personalizada ao alumnado ponse de relevo na atención complementaria ás clases prácticas, coa avaliación das encomendas de tradución (apto ou non apto), corrección e redacción realizadas con esta metodoloxía. Trátase de identificar os principais problemas de redacción, interferencia, actitude ante o texto orixinal etc. de cada alumno/a, alén da corrección na aula das encomendas. Unha revisión dunha cala de textos traducidos xa corrixidos na aula permite detectar problemas non identificados na aula, ben porque o/a alumno/a non sexa consciente dos erros, ben porque non se atreva a expolos en público. Para a solución destes erros estruturais, proponse complementar o traballo práctico coa resolución de exercicios específicos. Pola súa banda, tamén se atenderán as encomendas, en tanto que simulacións de tradución profesional. En grupo, prevese incidir nestes aspectos, de modo que o alumnado adquira unha actitude crítica con respecto ao texto orixinal, sexa consciente dos seus erros, adquira un método de traballo e comprobación adecuado, aprenda a solucionar no menor tempo posible os procesos de busca e comprensión da información, e perfeccione os procesos de revisión e corrección. É de grande utilidade para realizar sesións temáticas sobre cada un dos problemas enunciados a través de documentos das clases prácticas traducidos por eles/as mesmos/as ou preparados ad hoc. A realización de simulacións de tradución profesional obriga igualmente a titorizar e revisar a corrección de aula, o que esixe unha atención individualizada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000