Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución entre lingua A1 e lingua A2
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O peso das sesións maxistrais serve de introdución a cada un dos temas citados no apartado de contidos. Concéntranse en maior medida nas actividades de tradución previstas dos temas últimos.
As clases teóricas e prácticas compleméntanse con titorías en grupo nas que se propoñen traballos colectivos de tradución. Trátase de fomentar a autoaprendizaxe coa elaboración conxunta de encomendas curtas.
Actividades introdutorias Os primeiros temas inclúe contidos introdutorios tanto ao contexto da tradución editorial no par de linguas castelán e galego, como á súa teoría tradutolóxica. Neste senso, exporase e ampliarase (en función do ritmo da aula) parte das referencias bibliográficas, así como tamén se impartirán oralmente contidos dos que o alumnado deberá tomar apuntamentos, xa que se trata de materia obxecto de avaliación. A impartición estará principalmente constituída por traballos do profesorado encargado da materia (entre outras e outros especialistas). Estas obras aparecen cientificamente recensionadas, tal e como quedará exposto ao longo do curso.
Debate As revisión e corrección das encomendas de tradución (prácticas de laboratorio) durante as sesións. Nos casos nos que estas revisión e corrección non sexan avaliacións individualizadas, previa indicación da profesora, serán en grupos simulando a práctica do traballo de traducir en grupos ou equipos de tradución, tal e como sucede no ámbito real profesional. A participación nestes debates será anotada pola docente e formará parte da cualificación.
Prácticas de laboratorio Para determinar o nivel inicial do alumnado nas prácticas de laboratorio (práctica de tradución) realizarase unha proba piloto ou proba de nivel, cuxo obxectivo é cualificar a competencia tradutora. As clases prácticas estrutúranse conforme ás horas de docencia que se dedican ás actividades previstas para a comparación de traducións, retrotradución e iniciación. Prevese que a docente revise textos corrixidos previamente na aula para ponderar a calidade das traducións, a comprensión das súas explicacións e detectar posibles alternativas de tradución ou erros que non saísen na corrección anterior. Nelas incidirase na evolución de resultados da encomenda, orientará futuras encomendas e proporanse tarefas alternativas de reforzo. A docente terá a oportunidade de observar a metodoloxía de traballo e orientará as tarefas auxiliares á tradución.
As clases teóricas e prácticas compleméntanse con titorías en grupo. Trátase de fomentar a autoaprendizaxe coa elaboración conxunta de encomendas curtas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000