Actividades introdutorias |
O Bloque I inclúe contidos introdutorios tanto ao contexto da tradución editorial no par de linguas castelán e galego, como á súa teoría tradutolóxica. Neste senso, exporase e ampliarase (en función do ritmo da aula) parte das referencias bibliográficas, así como tamén se impartirán oralmente contidos dos que o alumnado deberá tomar apuntamentos, xa que se trata de materia obxecto de avaliación. A impartición estará principalmente constituída por traballos do profesorado encargado da materia (entre outras e outros especialistas). Estas obras aparecen cientificamente recensionadas, tal e como quedará exposto ao longo do curso. |
Titoría en grupo |
As revisión e corrección das encomendas de tradución (prácticas de laboratorio) durante as sesións. Nos casos nos que estas revisión e corrección non sexan avaliacións individualizadas, previa indicación da profesora, serán en grupos simulando a práctica do traballo de traducir en grupos ou equipos de tradución, tal e como sucede no ámbito real profesional. A avaliación (cualificación) será apto ou non apto. |