Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A proba consiste na tradución dun texto dunhas 500 palabras que o alumnado individualmente deberá contextualizar, así como identificar e clasificar os seus elementos culturais e explicar as estratexias de tradución para os devanditos elementos identificados.
Para o alumnado de avaliación continua a proba terá lugar durante a antepenúltima sesión de clase do cuadrimestre.
30 A4
C1
C2
C8
C25
D6
D15
D17
Exame de preguntas obxectivas Faranse varias probas de preguntas obxectivas (de resposta curta ou de desenvolvemento) referidas aos contidos das presentacións, das clases maxistrais e das lecturas obrigatorias, visionados e audicións propostas en datas fixadas de acordo co alumnado. A última proba será en data oficial do exame fixado polo decanato.
É necesario obter un 5 de media para poder sumar a nota coa dos demais apartados.
40 A1
A4
C1
C2
C25
C26
D13
D17
Presentación 10 %: O alumnado, en grupos, fará unha presentación duns 10-15 minutos en lingua francesa dalgún dos temas do programa.
Deberase entregar despois un podcast e a presentación en formato ppt preferiblemente, corrixido e coas fontes de información empregadas debidamente citadas.
Valorarase a corrección lingüística oral e escrita.
A distribución de temas e datas acordarase co alumnado que se acolla á avaliación continua na segunda semana de clase.
20 %: O alumnado, por grupos, presentará un documento audiovisual (película ou documental en lingua francesa non inferior a 30 minutos) relacionado ou que ilustre algúns dos temas ou subtemas da materia.
Valorarase a pertinencia da elección do documento así como a calidade da presentación oral, tanto dende o punto de vista dos contidos como da corrección lingüística.
30 A1
A4
C2
C25
C26
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais
e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das
datas de entrega de traballos, probas, etc.

 

AVAIUACIóN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de
clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan
asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que
esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e
familiar.

3- O non presentar algún dos traballos ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de
todas cualificacións obtidas anteriormente. Deberá entón presentarse á
convocatoria única.

4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria 
extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Só deberá
repetir aquela parte que na que necesiten obter un 5 para facer media coas demáis actividades de avaliación

CONVOCATORIA  DE AVALIACIÓN ÚNICA

O alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá presentarse na data fixada polo decanato a un exame que constará de dúas partes:

1-  Probas de preguntas obxectivas referidas ao temario, lecturas e o material de consulta que se encontrará en Moovi (50 %). É necesario obter un 5 para poder facer a media coas outra probas.

2- Proba de resolución de dificultades e toma de decisións para traducir
segmentos caracterizados pola súa trama de referencias á cultura e á civilización francófonas que deberá identificar, contextualizar, clasificar
e xustificar (50 %)

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística en calquera
das linguas empregadas.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000