Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral As sesións maxistrais avaliaranse con probas de resposta curta 10 A1
A3
A4
Presentacións/exposicións Avaliarase tanto a pertinencia e o nivel de afondamento dos contidos en relación coas fontes de documentación e bibliográficas, como a corrección lingüística da presentación escrita e oral dos traballos que podrán versar sobre contidos literarios ou sociais. 20 A1
A3
A4
C1
C2
C3
C8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas de resposta longa en francés sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais ou sobre as lecturas obrigatorias. 40 C1
C2
C3
C8
C25
C26
C27
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba oral sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais e/ou exposicións. 30 C1
D6
D13
D15
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado na primeira semana de clase a súa elección de non acollerse á avaliación continua por escrito.

En caso de superar todas as tarefas, así como as probas unha escrita (en marzo de 2017) e outra oral (en abril de 2017), considerarase que o alumnado aprobou a materia. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria oficial de xullo. 

A data oficial de exame para o alumnado de avaliación única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT.

O alumnado que non se acolle á avaliación continua haberá un exame único que constará de dúas probas: unha escrita e outra oral (en abril de 2017). 

O sistema de avaliación única (non presencial) consistirá nun exame escrito e oral sobre os contidos impartidos no temario no apartado CONTIDOS da guía docente. Do mesmo modo, o alumnado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá elaborar un traballo redactado en francés sobre algún dos temas incluídos no temario despois da sesión escrita. Penalizarase a copia ou o plaxio.

A profesora Ana Luna Alonso impartirá e evaluará os bloques IV, V e VI (24 horas presenciales) dos contidos da materia. O profesor José Yuste Frías (24 horas presenciales) impartirá e evaluará os bloques I, II e III dos contidos da materia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000