Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral As sesións maxistrais avaliaranse con probas de resposta curta 10
Presentacións/exposicións Avaliarase tanto a pertinencia e o nivel de afondamento dos contidos en relación coas fontes de documentación e bibliográficas, como a corrección lingüística da presentación escrita e oral dos traballos que podrán versar sobre contidos literarios ou sociais. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas de resposta longa en francés sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais ou sobre as lecturas obrigatorias. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba oral sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais e/ou exposicións. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua por escrito. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais.

En caso de superar todas as tarefas, así como as probas unha escrita (28 de abril de 2014) e outra oral (30 de abril de 2014), considerarase que o alumnado aprobou a materia. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria oficial de xullo.

O alumnado que non se acolle á avaliación continua haberá un exame único que constará de dúas probas: unha escrita (28 de abril de 2014) e outra oral (30 de abril de 2014). 

O sistema de avaliación única (non presencial) consistirá nun exame escrito e oral sobre os contidos impartidos no temario no apartado CONTIDOS da guía docente. Do mesmo modo, o alumnado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá elaborar un traballo redactado en francés sobre algún dos temas incluídos no temario despois da sesión escrita. Penalizarase a copia ou o plaxio.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000