Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral As sesións maxistrais avaliaranse con probas de resposta curta 20
Presentacións/exposicións Avaliarase tanto a pertinencia e o nivel de afondamento dos contidos en relación coas fontes de documentación e bibliográficas, como a corrección lingüística da presentación escrita e oral do traballo. 30
Probas de resposta curta Realizaranse dúas probas de resposta curta en francés sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais.
Ademais haberá un control da lectura obrigatoria fixada a principio de curso
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua por escrito. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais.


En caso de superar as tres probas e ter superada a presentación e exposición do traballo, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria oficial de xullo.


O sistema de avaliación única (non presencial) consistirá nun exame de resposta curta sobre os contidos impartidos no temario no apartado CONTIDOS da guía docente, que terá lugar na derradeira semana de clase. Do mesmo modo, o alumnado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá elaborar un traballo redactado en francés dunhas 20 páxinas aproximadamente sobre algún dos aspectos relacionados cos contidos da materia que deberá contar coa aprobación da/do docente. Penalizarase a copia ou o plaxio.


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000