Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Aprendizaxe baseado en proxectos O estudantado desenvolverá un proxecto colaborativo de investigación en grupo. Cada grupo investigará en profundidade un tema dos indicados nos bloques 2, 3 e 4 dos contidos da materia e compartirá co resto do alumnado os resultados das súas investigacións. O desenvolvemento do proxecto explicarase ao comezo do curso, momento en que xa estará publicada en FAITIC unha guía detallada coa descrición dos obxectivos do proxecto e a planificación das actividades que inclúe. Na guía tamén aparecerán indicados os principais criterios de avaliación, que o alumnado deberá ter en conta para a realización das tarefas. O dossier final incluirá todas as actividades descritas na devandita guía e entregarase o día 20 de abril de 2018 en FAITIC e na caixa de correo nº 52. 40 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE8
CE14
CE20
CE25
CE26
CE32
CT6
CT9
CT12
CT13
CT15
CT16
CT22
CT23
CT24
Presentacións/exposicións Ao longo do curso todo o alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá expoñer oralmente durante un máximo de 10 minutos os resultados da investigación que está levando a cabo o seu grupo. As exposicións orais están orientadas a poñer en común os contidos dos bloques temáticos tratados por cada grupo de xeito que todo o alumnado coñeza os resultados das investigacións levadas a cabo por todos os grupos. O calendario de presentacións elaborarase unha vez se dispoña do listado de persoas que seguen a avaliación continua e publicarase no sitio web da materia en FAITIC. 15 CB1
CB3
CB4
CE2
CE20
CE25
CE26
CT12
CT15
CT23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba individual de resposta longa que se desenvolverá na data oficial de exame marcada polo Decanato do centro. A proba consistirá na análise dun texto breve (de arredor de 300 palabras) que trate sobre algún aspecto da cultura dalgún dos países estudados ao longo do curso. O estudantado deberá contextualizar culturalmente o texto, analizalo dende o punto de vista pragmático, identificar e clasificar os seus elementos culturais e propoñer estratexias de tradución para os elementos identificados. 30 CB1
CB2
CE2
CE25
CE26
CT9
CT15
CT22
Probas de resposta curta Ao remate do primeiro bloque de contidos, o estudantado levará a cabo unha proba de resposta curta en que demostrará ter adquirido os coñecementos requiridos sobre cultura, cultura e tradución, referentes culturais e estratexias de tradución. Para a realización da proba non se permitirá o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. A proba realizarase na segunda sesión de clase da semana do 5 ao 9 de marzo. Se houber algún cambio, este notificaraselle ao alumnado por correo electrónico a través de Faitic con antelación suficiente. 15 CB1
CB4
CE25
CE26
CE32
CT6
CT9
CT15
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO):

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Os alumnos que desexen acollerse á avaliación única deberán comunicalo por escrito a través da plataforma TEMA durante as dúas primeiras semanas de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación continua e aceptan as condicións de traballo e avaliación descritas nesta guía e na guía do proxecto colaborativo explicada na primeira sesión de clase e publicada en FAITIC dende o comezo do cuadrimestre.

Avaliación continua: 

As metodoloxías e probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia comprende avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a parte de traballo en grupo pero non as probas individuais deberán recuperar en xullo as probas individuais. A avaliación continua esixe entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Proxecto de grupo.

b) Exposición oral individual.

c) Proba de resposta curta.

d) Proba de desenvolvemento.

A proba de resposta curta corresponderase co primeiro bloque de contidos teóricos da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre cultura e tradución e os contidos impartidos nas sesións maxistrais. As lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución da proba da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais de consulta. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non se realizan durante o curso terán que realizarse na convocatoria de xullo.

A proba de desenvolvemento consistirá nunha análise dos aspectos pragmáticos e culturais dun texto segundo o descrito no apartado correspondente en que o alumnado demostrará a súa capacidade de aplicar os coñecementos e as competencias adquiridos ao longo do curso. Para esta proba permitirase o uso dos materiais de consulta xerados polos grupos de traballo colaborativo. Esta proba ten carácter obrigatorio, polo que non se realiza na data establecida terá que realizarse na convocatoria de xullo.

Durante a exposición oral, cada
estudante, de maneira individual, transmitirá ao resto do alumnado os
resultados da investigación que está levando a cabo o seu grupo de traballo. A
exposición avaliarase e puntuarase seguindo os criterios recollidos na matriz
de avaliación incluída na guía do proxecto e publicada na plataforma de
teledocencia.

O alumnado que se encontre en
situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo,
enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade
laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas
situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en
se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas. Os
estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que
acredite térense presentado ás probas. Aquela persoa que por enfermidade, lesión
ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida
efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra
data.

Criterios de avaliación empregados no
sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados
a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para
que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles. É
responsabilidade do alumnado ter coñecemento das actividades e correccións
realizadas nas clases, consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas de entrega de tarefas e
realización de probas de avaliación.

De maneira xeral, en calquera das
probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso (0) nesa
proba, traballo ou exercicio aqueles alumnos que:

-   Cometan máis de dúas
faltas de ortografía. 

-  Incurran en plaxio total ou
parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade a este respecto.

-    Incumplan as
instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES
QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA
RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.

Que ocorre se non quero acollerme ao
sistema de avaliación continua?

Avaliación única:

O estudantado que deixase
constancia por escrito a través de FAITIC durante as dúas primeiras semanas de clase da
súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación única
 perderá o
dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a avaliación na data oficial fixada polo Decanato. A avaliación única constará das seguintes
probas e traballos:

1. Entrega dun proxecto de
investigación individual sobre un dos bloques de contidos establecidos para a
materia segundo as directrices proporcionadas ao comezo do curso. O alumnado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá comunicarlle á profesora o tema sobre o que traballará nas tres primeiras semanas do curso. De maneira
xeral, o traballo comprenderá o estudo en profundidade do bloque seleccionado
de maneira comparativa para todos os países estudados (40%).

2. Exame individual (60%), que
constará de dúas probas: unha proba teórica de resposta breve que incluirá
preguntas sobre o primeiro bloque de contidos e o tema seleccionado para realizar o proxecto de investigación, para a que non se permitirá o uso de materiais de consulta (30%),
e unha proba de desenvolvemento que consistirá na análise dun texto breve (de
arredor de 300 palabras) que trate sobre algún aspecto da cultura dalgún dos
países estudados ao longo do curso. O estudantado deberá contextualizar
culturalmente o texto, analizalo dende o punto de vista pragmático, identificar
e clasificar os seus elementos culturais e propoñer estratexias de tradución
para os elementos identificados. Para esta proba permitirase o uso dalgúns materiais de consulta (30%).

É responsabilidade do alumnado
consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao
tanto das datas de entrega de tarefas e realización de probas de
avaliación. Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un
xustificante documental que acredite térense presentado á proba ou exame. Aquela
persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial,
terá dereito a ser examinado noutra data.

En calquera das probas e traballos da
avaliación única obterán a cualificación de suspenso (0) nesa proba ou traballo
aqueles alumnos que:

-  Cometan máis de dúas
faltas de ortografía. 

-  Incurran en plaxio total ou
parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade a este respecto.

-    Incumplan as
instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES
QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA
RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN
(XULLO): 

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA
OPORTUNIDADE, O ALUMNADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA
OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS
(indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica. Para desenvolver
esta proba non se permitirá o uso de materiais de consulta. (30%)

2. Proba de desenvolvemento, que
consistirá na análise dun texto dunhas 300 palabras que trate sobre algún
aspecto da cultura dalgún dos países estudados ao longo do curso. O estudantado
deberá contextualizar culturalmente o texto, analizalo dende o punto de vista
pragmático, identificar e clasificar os seus elementos culturais e propoñer
estratexias de tradución para os elementos identificados. Para esta proba
permitirase o uso dos materiais de consulta xerados polos grupos de traballo
colaborativo (70%).

Na avaliación de xullo obterán automaticamente a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-    Cometan máis de dúas
faltas de ortografía. 

-   Incurran en plaxio total ou
parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade a este respecto.

-    Incumplan as
instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000