Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos O estudantado desenvolverá un proxecto colaborativo en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase ao comezo do curso, momento en que se lle entregará ao estudantado unha guía coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto. Data de entrega: 16 de maio de 2016. Lugar de entrega: exercicio creado en Faitic e caixa do correo nº 52 50 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C8
C14
C20
C25
C26
C32
D6
D9
D12
D13
D15
D16
D22
D23
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden (individuais ou grupais). A profesora farán un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirán e puntuarán unha das tarefas propostas de xeito individual. 20 A2
A3
A4
C2
C8
C14
C25
D9
D23
Probas de resposta curta Proba teórica que se desenvolverá na última sesión de clase do curso. A data exacta comunicarase con suficiente antelación a todo o alumnado matriculado a través de FAITIC e mediante correo electrónico. 30 A1
A2
C2
C25
C26
D9
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua, que se corresponde coa avaliación realizada no mes de maio. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións de avaliación na primeira oportunidade de avaliación.

ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO):

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas entregadas deben estar completas para que conten como entregadas.

Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Proxecto de grupo.
b) Entrega individual.
c) Proba teórica de resposta curta .

Para o desenvolvemento da proba teórica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

A PROBA TEÓRICA REALIZARASE NA ÚLTIMA SESIÓN DE CLASE DA MATERIA (ENTRE O 2 E O 11 DE MAIO DE 2016) EN HORARIO DE CLASE. AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica. (30%)

2. Proba de aplicación da teoría a un estudo de caso (70%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da oportunidade e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que incurran en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000