As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua, que se corresponde coa avaliación realizada no mes de maio. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións de avaliación na primeira oportunidade de avaliación. ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO): - Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas entregadas deben estar completas para que conten como entregadas. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: a) Proxecto de grupo. b) Entrega individual. c) Proba teórica de resposta curta . Para o desenvolvemento da proba teórica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. A PROBA TEÓRICA REALIZARASE NA ÚLTIMA SESIÓN DE CLASE DA MATERIA (ENTRE O 2 E O 11 DE MAIO DE 2016) EN HORARIO DE CLASE. AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO. Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data. SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica. (30%) 2. Proba de aplicación da teoría a un estudo de caso (70%). Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA. En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da oportunidade e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que incurran en plaxio total ou parcialmente. |