O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua ou avaliación única e deberá indicalo nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre. Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo) controlada mediante as follas de asistencia. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible obter como mínimo un 4 en cada unha das partes da avaliación. A profesora Lara Domínguez ocuparase da avaliación da primeira proba teórico-práctica (25% da nota) e a profesora María José Fernández encargarase da avaliación da encomenda, a exposición e a segunda proba teórico-práctica (65%). As dúas profesoras avaliarán conxuntamente os alumnos para puntuar dentro do 10% restante da nota. Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións, que deberá presentarse ao exame presencial na última sesión da materia. Segunda convocatoria: o exame terá lugar en xullo, na data oficial indicada polo Decanato. Consistirá en: - parte teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía e do material teórico achegado polas profesoras. A extensión será acorde co tempo de exame. Non se poderá utilizar material de consulta - parte práctica: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame e incluirá un comentario. As
dúas profesoras avaliarán conxuntamente as probas dos alumnos que
se presenten polo sistema de avaliación continua e á segunda
convocatoria. |