Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Participación en actividades individuais e/ou grupais na aula, no comentario das lecturas obrigatorias na aula e nas tarefas que se realicen ou entreguen nas clases. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba teórico-práctica (25% da nota) que terá lugar ao final da parte da profesora María José Fernández. 25
Traballos e proxectos Traballo individual sobre a tradución de referentes culturais (20% da nota final).

Traballo e exposición (20% da nota final) en grupo sobre algún aspecto cultural concreto, cuxo tema será negociado coa profesora.

O calendario será concretado aos alumnos ao comezo do cuadrimestre, en función de número de alumnos e de grupos que se poidan formar.
40
Probas de resposta curta Proba teórico-práctica (25% da nota) que terá lugar ao final da parte da profesora Lara Domínguez. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua ou avaliación única e deberá indicalo nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre.

Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo) controlada  mediante as follas de asistencia. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible obter como mínimo un 4 en cada unha das partes da avaliación.

A profesora Lara Domínguez ocuparase da avaliación da primeira proba teórico-práctica (25% da nota) e a profesora María José Fernández encargarase da avaliación da encomenda, a exposición e a segunda proba teórico-práctica (65%). As dúas profesoras avaliarán conxuntamente os alumnos para puntuar dentro do 10% restante da nota.

Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións, que deberá presentarse ao exame presencial na última sesión da materia.

Segunda convocatoria: o exame terá lugar en xullo, na data oficial indicada polo Decanato. Consistirá en:

- parte teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía e do material teórico achegado polas profesoras. A extensión será acorde co tempo de exame. Non se poderá utilizar material de consulta

- parte práctica: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame e incluirá un comentario.

As
dúas profesoras avaliarán conxuntamente as probas dos alumnos que
se presenten polo sistema de avaliación continua e á segunda
convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000