Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Participación en actividades individuais e/ou grupais na aula e no comentario das lecturas obrigatorias na aula. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que constará dunha parte teórica (25%) sobre os aspectos culturais incluídos nos contidos e a relación tradución e cultura, e unha parte práctica (25%) que consistirá na tradución dun fragmento e un comentario crítico no que se xustifiquen as estratexias de tradución das referencias culturais. 50
Traballos e proxectos 1. Encomenda fóra da aula (30% da nota final).
2. Exposición teórica (10% da nota final) en grupo sobre algún aspecto cultural concreto, cuxo tema será negociado coa profesora.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2).

1 Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo) controlada mediante as follas de asistencia. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tanto a parte teórica (contidos das sesións maxistrais, actividades introdutorias e estudos e actividades previos), coma a práctica (tradución e comentario crítico). O exame de xullo consistirá en:

— proba teórica: conformada a partir das sesións maxistrais, actividades introdutorias e estudos e actividades previos impartidas pola profesora. A extensión será acorde co tempo de exame.

— Proba práctica 1: tradución sen dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame.

— Proba práctica 2: comentario crítico sen dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. A extensión será acorde co tempo de exame.

2 Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións. Existen dúas convocatorias: en maio/xuño (durante a última sesión, o día 30 de abril) e xullo (data oficial); consiste en:

— proba teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía. A extensión será acorde co tempo de exame. Proba individualizada sen material de consulta.

— Proba práctica 1: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame.

— Proba práctica 2: comentario crítico en castelán ou galego dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. As lecturas facilitaranse a medida que avance o curso. A extensión será acorde co tempo de exame.

Importante: prevense sesións de revisión de probas. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. Para obter a cualificación de aprobado cómpre superar todas e cada unha delas, tanto na avaliación continua coma na única.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000