Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación activa nas actividades e tarefas formuladas e nas lecturas obrigatorias. 5
Traballos de aula Participación nas tarefas individuais o en grupo presentadas na aula. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que constará dunha parte teórica sobre os aspectos culturais incluídos nos contidos e a relación tradución e cultura, e unha parte práctica que consistirá na tradución dun fragmento e un comentario crítico no que se xustifique as estratexias de tradución das referencias culturais. 50
Traballos e proxectos 1. Dúas encomendas de tradución (tradución e comentario crítico relativo ás referencias culturais) (30% da nota final).
<br>2. Unha exposición teórica (10% da nota final) en grupo sobre algún aspecto cultural concreto, cuxo tema será negociado coa/co profesora/profesor.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2).

1 Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo; este mínimo controlarase mediante as follas de asistencia que se entregarán ao final da sesión. Para poder asinar a folla, cómpre asistir á totalidade da sesión), propoño un sistema de avaliación continua. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tanto a parte teórica (contidos das sesións maxistrais, actividades introdutorias e estudos e actividades previos), coma a práctica (tradución e comentario crítico). No caso de suspender unha delas, gardarase a aprobada até o exame oficial de xullo (proba por escrito conformada de: 1 proba teórica + 2 probas prácticas). Trátase de:

— proba teórica: conformada a partir das sesións maxistrais, actividades introdutorias e estudos e actividades previos impartidas pola/o profesora/profesor. A extensión será acorde co tempo de exame;

— proba práctica 1: tradución sen dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame;

— proba práctica 2: comentario crítico sen dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. A extensión será acorde co tempo de exame.

2 Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións. Existen dúas convocatorias: en maio/xu (última semana do segundo semestre, durante a última sesión) e xullo (data oficial); consiste en:

— proba teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía. A extensión será acorde co tempo de exame. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será unha proba de tipo test. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso das respostas incorrectas;

— proba práctica 1: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame;

— proba práctica 2: comentario crítico en castelán ou galego dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. As lecturas facilitaranse a medida que avance o curso e estarán a disposición do alumnado no Servizo de reprografía da Facultade, xerarquizados por data de impartición durante as sesións, así como pola etiqueta "lecturas de sesións maxistrais" desta materia. A extensión será acorde co tempo de exame.

Importante: prevense sesións de revisión de probas. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobada/o acadaraa quen supere todas e cada unha delas, tanto na avaliación contiua coma na única.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000