Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo As titorías en grupos permitirán a orientación, comentario e revisión das tarefas encomendadas.
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto de investigación, que se levará a cabo en grupo, incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao alumnado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar os coñecementos e as competencias previstos.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma De xeito individual, en grupos ou en parellas os alumnos terán que realizar as diversas tarefas que se especificarán ao longo do curso para implementar os coñecementos teóricos e demostrar as súas competencias.
Lección maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. As sesións maxistrais servirán para proporcionar un fío condutor para o proxecto en grupo.
Presentacións/exposicións O estudantado comunicará os resultados da súa investigación mediante exposicións orais programadas que se irán desenvolvendo ao longo do curso.
Actividades introdutorias A primeira sesión do curso dedicarase a explicar e comentar os contidos, a metodoloxía e a avaliación e a resolver dúbidas sobre a guía para o estudantado que estará publicada en Faitic.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000