Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os aspectos teóricos exercitaranse mediante a realización das diferentes tarefas que se especificarán ao longo do curso, por exemplo: resumo ou tradución á vista en castelán ou galego de textos en inglés relacionados cos contidos da materia. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
En grupos ou en parellas os alumnos terán que realizar as diversas tarefas que se especificarán ao longo do curso para implementar os coñecementos teóricos e demostrar as súas competencias, por exemplo: responder a preguntas (de desenvolvemento longo ou curto) sobre o material obxecto de estudo. |
Sesión maxistral |
Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. |