Establécense dous sistemas de avaliación, o primeiro deles de natureza
continua. O sistema de avaliación de natureza continua baséase na realización de
actividades, unha proba final relativa a estas e dous traballos de tradución. Por
unha banda, as actividades e a proba final representan o 60% da nota global. A
devandita proba final, que terá lugar na semana do 2 de maio de 2016, consiste en exercicios
de pretradución e/ou tradución sobre textos abordados nas clases, sen
posibilidade de utilizar por tal motivo material auxiliar. Por outra banda, os
dous traballos de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 7 de marzo de 2016 e do 11 de abril de 2016, proporcionan un 40% da nota global. O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua para a convocatoria de maio e a todo o alumnado para
a convocatoria de xullo, é unha proba única de pretradución e/ou tradución
referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais
lexicográficos en formato papel. A data da proba da convocatoria de maio será na semana do 2 de maio de 2016, mentres que a data da
convocatoria de xullo será fixada polo Decanato. O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua
de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada. A copia ou plaxio nos traballos de tradución e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración global negativa. |