Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 60 A1
A3
C1
C4
C12
C17
C21
C22
C25
C32
D9
D10
D12
D13
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. 40 A2
A4
A5
C2
C3
C10
C18
C24
C30
D1
D4
D7
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación, o primeiro deles de natureza
continua.

O sistema de avaliación de natureza continua baséase na realización de
actividades, unha proba final relativa a estas e dous traballos de tradución. Por
unha banda, as actividades e a proba final representan o 60% da nota global. A
devandita proba final, que terá lugar na semana do 2 de maio de 2016, consiste en exercicios
de pretradución e/ou tradución sobre textos abordados nas clases, sen
posibilidade de utilizar por tal motivo material auxiliar. Por outra banda, os
dous traballos de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 7 de marzo de 2016 e do 11 de abril de 2016, proporcionan un 40% da nota global.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua para a convocatoria de maio e a todo o alumnado para
a convocatoria de xullo, é unha proba única de pretradución e/ou tradución
referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais
lexicográficos en formato papel. A data da proba da convocatoria de maio será na semana do 2 de maio de 2016, mentres que a data da
convocatoria de xullo será fixada polo Decanato.

O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua
de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración global negativa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000