Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución, de modo autónomo, de encomendas que simulan as condicións da práctica profesional real. As probas, de carácter acumulativo, estarán distribuídas ao longo do periodo de docencia. 60
Observación sistemática Recensión crítica das lecturas encomendadas e pariticipación nas sesións de traballo con exposicións, argumentacións críticas, propostas de resolución tradutora, etc. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única.

No primeiro sistema -avaliación continua- esixese un mínimo de asistencia presencial do 80%, salvo casos excepcionais nos que a criterio do docente se poderá dispensar do cumprimento deste requisito.

Na avaliación do alumnado presencial, a cualificación determinarase conforme os seguintes criterios:

Asistencia e participación activa nas clases: 40%

Nesta porcentaxe do 40 % inclúese a lectura obrigatoria que se ha realizar (10%), exposicións e debates (20%) e participación noutros traballos de carácter colaborativo (10%).

Entrega de dúas encomendas: 30%

Realización de probas de exame: 30%

A proba consistirá na tradución, en tempo limitado, de diversos textos en dúas sesións: unha delas á vista e outra con dicionarios e fontes telemáticas. Estas probas teñen carácter continuo e cómpre obter un aprobado conxunto para superar a materia.

Para o alumnado que non asista con regularidade a clase, haberá unha proba de avaliación -única- que versará sobre os contidos do programa no seu desenvolvemento práctico. Esta proba farase ben na última ben na penúltima sesión de clase e a data concreta farase pública con antelación por medio do blog de traballo http://nonfalsosamigos.blogspot.com.es e/ou a través de correo electrónico. Esta proba consistirá nunha tradución directa de diversos textos, en tempo limitado, e o alumnado pode empregar todos os dicionarios e obras de consulta que queira.

En calquera caso, a copia ou plaxio nas probas de exame suporá unha cualificación negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000