Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas realizadas ou presentadas na aula. 10 CB1
CB2
CB3
CE2
CE3
CE4
CE17
CT4
CT7
CT9
CT12
CT14
Prácticas en aulas informáticas Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0 CB1
CB3
CT3
CT4
CT7
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula.
Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. Cómpre realizar entregas de polo menos 3 exercicios e 4 traducións. As entregas faranse antes da respectiva corrección en clase.
0 CB3
CE17
Presentación cf. "Traballos tutelados"
A presentación realizarase antes do 15 de abril.
10 CB2
CB3
CE2
CE3
CT3
CT9
CT14
Traballo tutelado Cf. "Traballos tutelados" en "Metodoloxía docente". O traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependendo do núm. de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula antes do 15 de abril. Entregarase unha sinopse do traballo (data límite: 30 de abril) na plataforma TEMA (Upload-Bereich).
A exposición do traballo (estruturación da presentación, retórica, etc.) do traballo contará un 10 % (cf. presentacións/Exposicións); o resumo un
10%. A/O alumna/o contará coa tutela da profesora.
O alumnado acordará coa profesora o tema do traballo antes do 25 de febreiro.
10 CB2
CB3
CE2
CE3
CT3
CT9
CT14
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. 10 CB1
CB2
CB3
CB5
CE3
CE4
CT3
CT4
CT7
Práctica de laboratorio Consistirá na tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá incluír un comentario.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
60 CB1
CB2
CB3
CB5
CE2
CE3
CE4
CE17
CT4
CT7
CT9
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data de entrega dos traballos tutelados: cf. supra "Avaliación"

A data e hora da proba de avaliación continua coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras. A tradución desta proba constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva.

A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000