Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través de TIC. 10
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula. 0
Presentacións/exposicións Avaliarase conxuntamente co primeiro traballo tutelado (traballo de investigación documental e análise contrastiva). 0
Traballos tutelados Haberá dous traballos de entrega obrigatoria para o alumnado que siga a avaliación continua (20% para cada traballo). Un deles consistirá nun traballo de investigación sobre algún aspecto da cultura ou da lingua orixe que poida presentar dificultades para a tradución. Este traballo deberá ser exposto na aula. O outro consistirá nunha encomenda de tradución. O texto para traducir e as instrucións da encomenda entregaranse ao alumnado o último día de aulas. Disporase dun prazo de dez días para entregar a tradución (a través de Faitic, en formato PDF). En ambos os casos (traballo de documentación/exposición e encomenda de tradución), o alumnado contará coa tutela da profesora. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá nun exame que incluirá como exercicio principal a tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá incluír un comentario. Como material de apoio para o exame poderá contarse con ordenador (procesador de textos, dicionarios instalados e apuntamentos) e todo tipo de obras de consulta. O exame terá lugar o último día de aulas. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:


A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.


A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.


Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías.


O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia.


Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:


O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas do cadrimestre (avisarase o alumnado a través de Faitic). De non superar esta primeira convocatoria, disporase dunha segunda en xullo. Neste caso, a proba terá lugar  na data fixada pola Xunta de Facultade para a convocatoria de xullo.


A proba práctica escrita será un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador (sen acceso a Internet) e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras (85%) e un comentario sobre as estratexias tradutivas aplicadas na tradución (15%).


Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000