Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través de TIC. 5
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula. 0
Presentacións/exposicións cf. "Traballos tutelados"
A presentación realizarase antes do 10 de abril.
5
Traballos tutelados Haberá un traballo de entrega obrigatoria (10%) que consistirá nun traballo de investigación documental sobre algún aspecto das culturas ou lingua orixe que poida presentar dificultades para a tradución. Este traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependendo do núm. de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula. Entregarase unha sinopse do traballo (data límite: 15 de abril).

A exposición do traballo (estruturación da presentación, retórica, etc.) do traballo contará un 5% (cf. "Presentacións/Exposicións). A/O alumna/o contará coa tutela da profesora.

O alumnado acordará coa profesora o tema do traballo antes do 28 de febreiro.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá incluír un comentario.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se
efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
O exame terá lugar na última semana do curso.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data do exame: previsto para a última semana do curso; a data fixarase no mes de novembro.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na última sesión do curso; a data fixarase antes de rematar o mes de abril e se publicará na plataforma da materia Faitic no apartado "Anuncios".

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data do exame: última semana do curso; a data fixarase no mes de novembro.

 

O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva.

A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.Os exercicios do exame realizaranse en papel.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000