Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Inclúese aquí o traballo que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua. O traballo será de índole lexicográfico e versará sobre un campo léxico en alemán
e galego. O alumnado contará coa tutela da docente. Durante as horas presenciais dedicadas a
este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración e presentación do
traballo cuxo resumo se subirá á plataforma moovi. Incluirase un resumo destas normas na plataforma.
O traballo deberá ser exposto na aula antes do 30 de abril.
Prácticas con apoio das TIC Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ó finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada.
Presentación Cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema acordado coa profesora (cf. traballo tutelado). Haberá quenda de preguntas e debate.
Resolución de problemas Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución).
Logo dunha fase introdutoria ou preparatoria dos textos e temas o alumnado realizará varias tarefas pola súa conta. Finalmente, nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.

Eventos científicos Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade
Lección maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000