Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Translation language 2, I: German-Galician
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Classroom work Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de análise textual ou de revisión/corrección de traducións. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través de TIC.
Practice in computer rooms Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC.
Autonomous practices through ICT Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse de maneira autónoma a través das TIC. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula.
Introductory activities Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada.
Presentations / exhibitions O alumnado exporá o traballo de investigación realizado (vid. "Traballos tutelados"). Haberá quenda de preguntas e debate.
Tutored works Inclúese aquí o traballo que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación
continua (15% da nota). o traballo versará fundamentalmente sobre algún aspecto das culturas ou da lingua orixe que poida presentar dificultades de tradución. O alumnado contará coa tutela da docente. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Troubleshooting and / or exercises Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise e resolución de dúbidas. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua (5%).
Teaching and/or informatives events Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade
Group tutoring O alumno poderá manter entrevistas coa profesora para asesoramento e desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe, especialmente para os traballos tutelados.
Master Session As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000