Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, revisións de traducións, controis de lecturas de textos académicos, ou outros que propoña a docente. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de polo menos tres traballos para a súa corrección e avaliación.
20 C1
C2
C4
C17
D2
D7
D17
D22
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente 2 encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
O primeiro encargo realizarase a semana do 5 ao 11 de marzo. O segundo encargo acordarase en clase co alumnado.
40 C1
C2
C4
C17
D2
D7
D15
D17
D22
Práctica de laboratorio Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira terá lugar a terceira semana de marzo, e a segunda, denominada proba final, o día sinalado no calendario de exames da convocatoria de maio da FFT.
a) So se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. Non se poderá empregar o computador nin calquera outro dispositivo electrónico.
b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas.
A nota deste apartado será a media entre ambas as probas sempre que a segunda obteña polo menos unha cualificación mínima de 5/10
Se a segunda proba obtén unha cualificación superior polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
40 C1
C2
C4
C17
D2
D4
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entrega
de traballos, probas, etc.


O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a
perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas
de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente
algunhas correccións ou estea poseditado. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.



AVALIACIÓN CONTINUA



1- O
alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa
decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a
asistencia continuada a clase.



2- Aquelas persoas
que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás
clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as
medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.



3- O feito de non
entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas
implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas
cualificacións obtidas anteriormente. Terá entón que presentarse á
convocatoria única



4- O
alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso
deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na
data de exame publicada polo decanato.



a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución
(40 %) e Traballos de aula (20 %)
, só deberá realizar unha proba en tempo limitado
similar á proba final de decembro.



b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos
dous apartados: Encargos de tradución (40 %) e Traballos de aula (20 %)

terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:.



1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.



2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40% da nota



No caso b)
a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media
entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.



CONVOCATORIA ÚNICA (MAIO E XUÑO)



O alumnado
que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos
anteriores presentarase na data oficial do exame (xaneiro ou xuño
segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que
consistirá en:



1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente poderase
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.



2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40 % da nota.



A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as
partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame.



ALUMNADO
ERASMUS



Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase
que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.



Para poder
cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.



Non se recomenda
seguir esta materia a aquel alumnado que:



1. Non teña
como primeira ou segunda lingua de traballo o español.



2- Non curse
estudos de linguas ou tradución. 



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000