Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula ou elaboradas na aula en tempo controlada. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de polo menos 3 traducións para a súa corrección e avaliación. 15
Estudos/actividades previos O alumnado ha de contestar un cuestionario relativo aos contidos das lecturas obrigatorias que se indicarán en FAITIC. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse e entregarán dous encargos de tradución que recollerán as dificultades e especificidades das traducións que se realizaron nos traballos de aula. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba). A segunda, denominada proba final, terá lugar o día 15 de maio.

Só se poderán empregar dicionarios, gramáticas ou libros de estilo en papel. Non se poderán usar medios de consulta telemáticos, nin apuntamentos propios ou textos previamente corrixidos.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ó profesorado nas dúas primeiras semanas
de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non entregando a ficha cos seus datos. En todo
caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das
horas presenciais. Aquelas persoas que por motivos de traballo non
poden asistir a todas as clases, deben comunicalo persoalmente á
profesora para que esta tome as medidas compensatorias que considere
pertinentes.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo. Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados:  Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%) , só deberá facer unha proba en tempo limitado similar á proba final de maio.

Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%)  haberá de facer obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota

2.
Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial
e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito
encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame. A non entrega do encargo implicará o suspenso da materia.

AVALIACIÓN ÚNICA

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase  o día 15 de maio a unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota
2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame. A non entrega do encargo implicará o suspenso da materia.

Se se supende na convocatoria de maio, deben repetirse as probas na convocatoria de xullo.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000