Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizaranse e entregaranse 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. 100 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C17
D2
D4
D7
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (MAIO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de avaliación única deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá unha encomenda, que terá que realizar nun prazo determinado. O docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización da proba eo seu prazo de entrega. O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado.

O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas condicións laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado de avaliación única non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar o traballo da proba, a cualificación será de suspenso (0).

Avaliación continua

Os resultados da avaliación continua proceden dunha serie de 5 encomendas que levarán nota ó longo do cuadrimestre. A primeira encomenda deberá entregarse na semana do 9 ó 11 de febreiro, a segunda encomenda na semana do 26 de febrero ó 2 de marzo, a terceira na semana do 19 ó 23 de marzo, a cuarta na semana do 9 ó 13 de abril e a quinta na semana do 23 ó 27 de abril. O 100% da nota final calcularase facendo media das tres mellores notas das cinco notas obtidas.

CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de avaliación única deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá unha encomenda, que terá que realizar nun prazo determinado. O docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización da proba e o seu prazo de entrega. O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado.

O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas condicións laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención de someterse á avaliación significa que o alumnado de avaliación única non poderá ser cualificado con non presentado. En caso de non entregar o traballo da proba, a cualificación será de suspenso (0).

Avaliación continua

O alumnado de avaliación continua que non aprobase na convocatoria da primeira edición de actas deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá unha encomenda, que terá que realizar nun prazo determinado. O docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización da proba e o seu prazo de entrega. O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado.

O alumnado que por razóns xustificadas ou polas súas condicións laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

O feito de presentarse o día da convocatoria oficial ou de confirmar a súa intención d esometerse á avaliación significa que o alumnado non poderá ser cualificado connon presentado. En caso de non entregar o traballo da proba, a cualificación será de suspenso (0).

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis detres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razón xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos en faitic.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000