Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse e entregaranse un mínimo de 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. 80 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C17
D2
D4
D7
D15
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase na aula unha proba manuscrita de tradución con tempo limitado (unha hora e media). A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. 20 A1
A2
A3
C1
C2
C4
D2
D4
D7
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado dispón das dúas primeiras semanas de clase para comunicarlle ó docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. Proporanse fórmulas individualizadas para garantir que o alumnado que
non poida asistir regularmente ás sesións presenciais teña a
oportunidade de cursar a materia en réxime de avaliación continua.

As competencias avaliaranse en función de dous métodos:

a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de traduccón de encomendas (80% da nota final). A nota media deste bloque calcularase a partir dun mínimo de 5 encomendas, que se irán entregrando a medida que avance o semestre.

b) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). Esta proba práctica terá lugar na segunda quincena do mes de abril de 2017.

Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2017)

O alumnado que non se acolla ó réxime de avaliación continua poderá realizar un exame final e único na data fixada polo calendario de exames da FFT.

Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado de hora e media. A proba representará o 100% da nota final. De non sinalar o contrario o docente, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2017)

O alumnado que obtivese unha nota suspensa nas probas da avaliación continua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2017) deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) na data fixada polo calendario oficial da Facultade.

Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado de hora e media. A proba representará o 100% da nota final. De non sinalar o
contrario o docente, non se poderá empregar ningunha ferramenta
electrónica.

O plaxio ou copia sancionaranse cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.

Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000