Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba de resposta curta. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se acolla á modalidade presencial debe superar todas as probas para superar a materia. Isto é, lectura obrigatoria, encomendas, tarefas realizadas en clase, control sobre os conceptos teóricos e exposición de traballo. 

A data de entrega por escrito do traballo obrigatorio é o 11 de marzo de 2015. En caso de detectar plaxio nalguna das partes do mesmo, a
cualificación será 0.

Se o alumnado suspende algunha destas probas deberá presentarse ao exame final para tentar recuperalas. O exame final terá lugar durante o período de docencia na derradeira sesión de clase (o 29 de abril de 2015) na aula asignada.

O alumnado que se acolla á modalidade non presencial deberá presentarse a esa convocatoria ou ben á convocatoria de xullo de 2015. O exame consistirá na presentación por escrito dun traballo sobre os contidos teóricos, a realización dunha proba de tradución do francés cara ao galego dunhas 400 palabras, así como do control da lectura obrigatoria.

A profesora conservará os resultados das probas superadas ata a convocatoria de xullo que fixará o centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000