Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler dous libros obrigatorios (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba de resposta curta. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado por escrito nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En todo caso, para poder seguila, debe asistir cando menos ao 80% de horas presenciais. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo.


O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final en xuño (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias. A data oficial terá lugar na derradeira semana de clase. O exame consistirá na realización dunha tradución do francés ao galego dun texto de 500 palabras aproximadamente, así como do control das lecturas obrigatorias. As faltas de ortografía penalizaranse con 0.5/erro. O que suspenda a convocatoria de xuño, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo. Penalizarase a copia ou plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000