Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Competencias de materia
Resultados de aprendizaxe Tipoloxía Competencias
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA: ter un bo dominio das dúas linguas de traballo (francés-galego) tanto a nivel sintáctico, gramatical, morfolóxico, lexicolóxico, terminolóxico e fraseolóxico. SUBCOMPETENCIAS: coñecer tanto as diferenzas como as similitudes dos dous sistemas linguïsticos.
saber
saber facer
A2
A4
A13
A17
B2
COMPETENCIA TEXTUAL: comprender a estrutura e os principios organizadores dun texto. SUBCOMPETENCIAS: coñecer textos de tipo xeral e as súas características (argumentativos, expositivos...)
saber
A4
A8
B2
B7
B12
COMPETENCIA COMUNICATIVA E CULTURAL: Comprender textos redactados na lingua de partida. SUBCOMPETENCIA: Coñecer os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais, etcétera
saber
saber facer
A2
A17
B9
B17
COMPETENCIA TRADUTORA: adquirir as diferentes competencias precisas para traducir un texto de tipo xeral. SUBCOMPETENCIAS: Identificar os axentes que interveñen no proceso de tradución (autor, mediador, tradutor, cliente, lector...) e a función comunicativa do texto. Aprender a analizar textos con vistas á súa tradución. Coñecer as distintas técnicas e estratexias de tradución. Identificar os problemas de tradución e aprender a resolvelos, e argumentar as escollas. Traducir textos non especializados. Aprender a traballar con textos paralelos. Aprender a manexar as ferramentas básicas de tradución (procesadores de texto, Internet: dicionarios en liña...). Comprender o papel do tradutor como mediador intercultural. Coñecer as normas de revisión e presentación de traducións. Coñecer o mercado laboral e a práctica profesional. Desenvolver habilidades de traballo en equipo e adquirir un compromiso deontolóxico.
saber
saber facer
A3
A4
A8
A17
B5
B7
B12
B15
B22
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000