Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos teóricos da materia, que axudarán a acometer daquela as tarefas prácticas. Preténdese que sexan sesións participativas e sempre contarán con numerosa exemplificación e soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas horas presenciais, farase o traballo previo de análise. Logo, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, farase unha posta en común e corrixiranse os traballos. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de faitic pola profesora.
Traballos de aula Consisten en exercicios que levan a cabo na clase. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual. Avaliaranse conxuntamente con estes exercicios e as prácticas autónomas a través de TIC.
Traballos tutelados Inclúense aquí os dous traballos que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (cada un computa un 20% da nota final). Nun caso, o traballo será fundamentalmente de investigación sobre algún aspecto da cultura ou da lingua orixe que poida presentar dificultades para a tradución. O outro consistirá nunha encomenda de tradución. En ambos os casos, o alumnado contará coa tutela da profesora. Durante o tempo de ensino presencial dedicado a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá o traballo de investigación realizado (vide. "traballos tutelados"); haberá quenda de preguntas e debate.
Actividades introdutorias Actividades de presentación da materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e de lectura obrigatoria.
**O alumnado de intercambio deberá facer unha proba de nivel. Dependendo do resultado, recomendaráselles matricularse (ou non) na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000