Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do sistema de autoavaliación ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación contínua.
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual. Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
Prácticas de laboratorio Para as prácticas de laboratorio precísase de material informático (computador con acceso a Internet). Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
Traballos tutelados Inclúense aquí os dous traballos que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (cada un computa un 20% da nota final). Nun caso, o traballo será fundamentalmente de investigación sobre algún aspecto da cultura ou da lingua orixe que poida presentar dificultades para a tradución. O outro consistirá nunha encomenda de tradución. En ambos os casos, o alumnado contará coa tutela da profesora. Durante o tempo de ensino presencial dedicado a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá o traballo de investigación realizado (vid. "traballos tutelados"); haberá quenda de preguntas e debate.
Prácticas autónomas a través de TIC Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse a través das TIC de maneira autónoma. Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000