Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Axeitamento das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución 25 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE4
CE8
CE10
CE17
CE18
CE22
CT1
CT4
CT7
CT9
CT14
CT16
Prácticas con apoio das TIC Valoración das distintas actividades realizadas polo alumnado en TEMA 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE4
CE8
CE10
CE17
CE18
CE22
CT1
CT4
CT7
CT9
CT14
CT16
Lección maxistral Probas propostas ao fío dos contidos das sesións maxistrais 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CT4
CT7
CT14
CT16
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 50 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CT1
CT4
CT7
CT9
CT14
CT16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas dúas primeiras semanas de clase, todo o alumnado deberá cubrir os seus datos persoais en Faitic e subir unha foto (primeiro plano, recoñecible). Non se avaliará ningún alumno/a que non cubra eses datos e suba unha foto. 

No primeiro mes de clase, o alumnado deberá comunicarlle á docente a que modalidade de avaliación se acolle (continua ou única). Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en todas as actividades previstas na materia, tanto na clase presencial como a través da plataforma Tema. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única.

Nas distintas probas propostas será imprescindible responder todas as preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. 

Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ao dominio das normas ortotipográficas e morfosintácticas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais.

O exame (1.ª edición de actas), obrigatorio para todo o alumnado, realizarase na data oficial fixada pola Facultade. Este exame constará dunha parte teórica (resposta a unha ou dúas preguntas sobre a parte teórica do temario e/ou as lecturas obrigatorias; valor 50%) e doutra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que superar as dúas partes para aprobar o exame. Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, este exame representará o 100% da cualificación final.

Na convocatoria de xullo (2.ª edición de actas) o alumnado deberá realizar un único exame na data oficial fixada pola Facultade. O exame constará dunha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do temario e/ou as lecturas obrigatorias ; valor 50%) e doutra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que superar as dúas partes para aprobar o exame. De ser o caso, poderase acordar que o alumnado só realice aquela parte que non superase na 1.ª edición de actas (e ao alumnado de avaliación continua poderíanselle gardar as cualificacións obtidas ao longo do curso).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000