Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios orais e escritos breves, a realizar nas aulas. 10
Traballos de aula Realização / apresentação de trabalhos vários em grupos ou individuais sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 30
Probas de resposta curta 1 prova escrita sobre conteúdos de civilização lusófona e sobre elementos de tradução e cultura. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Prova escrita 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercicios práticos (escritos ou orais) a realizar nas aulas. Breves exercicios de tradução. 10
Outras 1 ou várias provas orais (individuais ou en grupos de número reduzido), avaliando-se a compreensão, expressão e fonética. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas
opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de
avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.


É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a
asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados
para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados
ao profesorado o antes posible.


Para superar a avaliación continua é preciso aprobar ambas as probas
escrita e oral. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado
cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.


É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado
(http://estudoslusofonos.blogspot.com/).


Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será
avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas
(maio/xuño), da seguinte forma:


1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%–);


2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.


Para superar a avaliación única é preciso aprobar ambas as probas
escrita e oral. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado
cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.


A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co
profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da
introdución das notas en xescampus), sendo responsabilidade do alumnado
contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral
suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.


Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).


En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e
consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
(http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado
(http://estudoslusofonos.blogspot.com/), mesmo que non se siga o sistema
de avaliación continua.

** Avaliação final: 22/04/2014

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000